Operación Kilo


Ano tras ano o Colexio La Inmaculada recolle alimentos para as familias máis necesitadas participando así na chamada "Operación Kilo".




Esta recollida de alimentos vense celebrando dende hai moitos anos para axudar as familias máis necesitadas da vila, e neste proxecto solidario todos os membros da comunidade educactiva que conforman o Colexio "La Inmaculada" participan, así dende os alumnos, profesores, pais e persoal de servizos, todos puxeron o seu gran de area para que  todas as familias tiveran alimentos para celebrar as festas do Nadal. Son moitos os kilos de comida recaudados, aquí tedes unha pequena mostra da solidaridade de todos nós.