Marcha solidaria de apoio ao cancro

Aquí tedes toda a información e o resultado desta iniciativa.



O resultado da marcha foi espectacular, todos fomos partícipes desta iniciativa solidaria.



PARTICIPACIÓN:

Convócase a todo PONTEAREAS a que se una nunha marcha solidaria cun mesmo obxectivo: A SOLIDARIEDADE.

PERCORRIDO:

-  O percorrido será de 5km (en total) tendo como punto de saída e chegada a PRAZA MAIOR (ás 9:30h dará comezo o acto presidido polo Alcalde e polos Concelleiros).
- Continuarase polo paseo fluvial A FREIXA ata a metade do percorrido.
- Almorzaremos, todos xuntos, en PARDELLAS e volveremos ao punto de partida contra as 13:15h.
- Todos xuntos, cantaremos e bailaremos a canción “HOY TODO VA A SALIRME BIEN” de “EL ARREBATO”.
- Simbolizaremos a causa levando unha camiseta, camisa, polo, … branco (opción libre) e unha pañoleta, fular, bufanda ou pano (servilleta) de cor rosa, símbolo do cancro de mama (que utilizaremos no baile que iniciará e dará remate ó acto).
- Ao rematar, cada alumno volverá ao seu Centro.

INSCRICIÓN:
•    Ao realizar a inscrición da marcha solicitarase 1€ de forma voluntaria como donativo (non será impedimento algún para participar na marcha).

•    O diñeiro entregarase a cada titor.

•     Os donativos ingresaranse na conta de WCBH. Para saber máis sobre WCBH podedes ver a súa web www.wecanbeheroes.com, asociación que ten en marcha moitos proxectos.

•    O día da marcha, a cada participante, entregaráselle unha botella de auga e unha peza de froita  (froito da solidariedade de todo Ponteareas).

•    Podedes coñecer o PROXECTO como Marcha Solidaria a través de:

 O facebook (Ponteareas To Wecanbeheroes)

Todas as accións realizadas neste Proxecto, difundiranse a través de facebook: Ponteareas To Wecanbeheroes.