Aula de Informática


O centro dispón de dúas salas de informática equipadas cos máis modernos aparatos para traballar coas modernas TIC´s.




Na aula de Secundaria ademais hai instalado un encerado dixital no que os profes e alumnos poden traballar co programa ActivInspire o novo software de ensinanza e aprendizaxe para ordenadores e encerados interactivos de Promethean.

Dende esta aula, os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO elaboran dende hai varios anos os seus xornais dixitais "Ecos da Picaraña" e "O trobador do Tea". Participan cos estes traballos no concurso nacional "El pais de los estudiantes" e ata o de agora sempre se clasificaron en terceiro lugar na categoría autonómica.