I Carreira Solidaria con Guatemala


O 3 de Febreiro de 2012 celebrouse no Colexio o Día da Paz , por iso levaremos a cabo unha Carreira Solidaria para axudar ao Colexio "Fe y Alegría" de Guatemala.


Gracias a todos pola vosa colaboración!!! 

Co motivo da celebración do Día da Paz o 3 de Febreiro de 2012,  o Colexio Inmaculada levou a cabo unha Carreira Solidaria. Esta carreira tivo como obxetivo recaudar fondos para o proxecto de colaboración  que o noso Colexio ten co Colexio de Guatemala "Fe y Alegría", onde traballa como mestra María Jesús Laveda, que foi membro do claustro de profesores do noso centro durante moitos anos.

A Carreira Solidaria consistiu en que cada participante tiña que bucar patrocinadores entre os seus familiares, amigos... que tiñan que pagar 0,50 centímos por cada volta que o participante dera ao circuito situado no patio do colexio. Ao final da carreira contabilizáronse as voltas dadas por cada participante e serían os padriños os encargados de transformar esas voltas en diñeiro. O papel dos padriños foi fundamental xa que canto maior fora o número de padriños por cada participante,  maior sería a cantidade de cartos recaudados.

Nesta carreira os participantes non tiñan límite de idade por iso vos animamos a todos a que participárades e désedes unhas voltas para axudar a Guatemala.

Esta non é a primeira Carreira Solidaria que se leva a cabo no Colexio, así xa se celebraron dúas en colaboración coa ONG Save the Children. Pero a solidaridade da comunidade educativa do Colexio Inmaculada vai máis alá, e aproveitando o Cen Aniversario do Colexio elaborouse un Libro "100 Anos de Historia" que ademáis de recopilar os mellores anos desta comunidade serviu como punto de partida para a colaboración con Guatemala, apoiando así a labor que a congregación Vite et Pax leva a cabo nese país.

Moitas foron as melloras que se levaron a cabo no Colexio "Fe y Alegría" gracias o diñeiro recaudado coa venta do libro, aquí tedes unha pequena representación de todo o que podemos axudar cun pouquichiño que poñamos da nosa parte, todos esperamos que co recaudado na celebración da I Carreira Solidaria con Guatemala consigamos que o día a día dos nenos guatemaltecos sexa moito mellor.

Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo do ben que o pasamos ese día.

Esperamosvos a todos na seguinte carreira, moitas gracias por participar!!!