Organización do claustro de profesores

O Claustro é o órgano propio de participación do profesorado no centro e ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e informar sobre todos os aspectos educativos do mesmo. Está integrado pola totalidade dos profesores e profesoras que prestan os seus servizos no colexio, calquera que sexa a súa situación no mesmo. Está presidido pola Directora, actuando como Secretaria o membro do Equipo Directivo que se encarga de dita función.