Visita Infanta Doña Elena







Noraboa a Sabela Martínez polo seu premio!


"El Señor Carballo" foi o conto gañador do Concurso de Contos Da Fundación MAPFRE 2017 "Educa tu mundo" . O obxectivo deste concurso é potenciar a creatividade dos xóvenes a través da escritura dun conto. O tema a desenvolver era "a Solidaridade". O conto de Sabela foi elexido de entre máis de 6000 participantes de 20 países de todo o mundo. A última fase pasaron só 10 contos, entre os que tamén estaba o de Lidia Martínez Pérez, que tamén é do noso colexio polo que estamos tremendamente orgullosos das dúas.

E para a entrega do premio tivemos a honra de recibir no noso colexio a Infanta Doña Elena que veu expresamente dende Madrid para presidir o acto ao que tamén asistiron altas personalidades da Fundación Mapfre así como o o Xefe territorial de educación, a Inspectora de educación do noso centro e o alcalde de Ponteareas.

Sabela estivo arroupada pola súa familia e compañeiros neste día tan especial, e gracias a extraordinaria amabilidade da Infanta Doña Elena e do seu equipo todo o colexio disfrutou dunha xornada inesquecible.
Facede Click aquí para ver algunhas fotos dese día.

Aquí tedes algúns enlaces da prensa que se fixo eco deste día.

Faro de Vigo

Atlántico Diario