Xustificación do Proxecto Voz Natura 2011-2012

Estamos afeitos ver os bosques coloridos no outono ou frescos na primavera ou verán. Os bosques son os espazos máis importantes da biosfera da Terra. É unha área na que existe unha alta densidade de árbores e son esenciais por ser o hábitat de moitos animais, modular os fluxos hidrolóxicos e ser conservadores do chan. Existen poucos lugares onde a natureza se amose con tanto esplendor e beleza como nos bosques; hai que conservalos e axudar a que se desenvolvan.




Pero que pasaría se nos atopásemos un día con que non temos bosques?, que aqueles lugares polos que decidimos pasear para gozar da súa beleza convertéronse en chairas de terra, desapareceron?

SITUACIÓN DOS BOSQUES

Á vez que se perde esta masa forestal e as especies silvestres animais que viven alí, ademais de poboacións humanas, tamén se ve minguada unha das súas grandes funcións, a de absorber CO2.

O bosque está a desaparecer a un ritmo vertixinoso do noso planeta. Os bosques cobren un terzo das terras do mundo, catro mil millóns de hectáreas. Conteñen o 90% da diversidade terrestre e a 60% da auga doce.

A deforestación para o uso da madeira, para aumentar a superficie agrícola ou gandeira, as causas naturais unidas ao cambio climático, a tala ilegal, a creación de asentamentos humanos, as explotacións mineiras e petrolíferas, os incendios, as pragas, a fragmentación do ecosistema  ou as especies invasoras, fan que trece millóns de hectáreas de bosque de todo o mundo desapareza ao ano na última década, unha superficie equivalente á cuarta parte da Península Ibérica. Mención aparte merecen os bosques virxes conservados no seu estado orixinal, que desaparecen a gran velocidade en todo o mundo.

Os bosques son moito máis que madeira. Máis de 1.600 millóns de persoas nos países máis pobres do mundo sobreviven polos alimentos, os materiais, a auga ou os medicamentos que conseguen grazas a eles. Algúns son pobos indíxenas únicos en perigo de desaparición. Ademais, son o fogar do 80% da biodiversidade mundial de plantas e animais e, por iso, a súa destrución pon en perigo a supervivencia de moitas especies. Os bosques tropicais son o caso máis extremo, debido á gran cantidade e variedade de seres vivos e ás deforestacións masivas que padecen.

QUE PODEMOS FACER?

Hai que volver empezar, concienciarse de que os bosques son un elemento importantísimo do noso planeta, saber que hai que querelo, coidalo para poder disfrutalo.

Os cidadáns podemos contribuír a recuperar a masa boscosa do planeta de diversas maneiras, a máis activa é plantar unha árbore con nosas propias mans. A pioneira neste sentido foi a Campaña do mil millóns de árbores, promovida polo Premio Nobel da Paz Wangari Maathai.

Podemos asumir hábitos de consumo que eviten a utilización insustentable dos bosques. Pódese empezar por reducir, reutilizar e reciclar nos produtos procedentes de madeira e outros involucrados na deforestación, como os combustibles ou os produtos agrogandeiros. Tamén é posible consumir produtos con etiquetas ecolóxicas ou realizar actividades de ecoturismo.

A celebración do Ano Internacional dos Bosques resultará útil para tomar maior conciencia de que os bosques son parte integrante do desenvolvemento sustentable do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Dende o colexio de “La Inmaculada” impulsaremos actividades destinadas a este fin. A nosa comunidade escolar adentrarase no máis profunfdo do bosque para coñecelo, entendelo e aprender a respectalo.

ESTE SON ALGÚNS DOS RESULTADOS