Normas de convivencia


DEREITOS DOS ALUMNOS
O alumno ten dereito a recibir unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.
Os pais teñen dereito a estar informados da evolución académica do seu fillo en todo momento.
O alumno ten dereito a que o centro garde a reserva sobre toda a información de que dispoña acerca das súas circunstancias persoais e familiares.
O rendemento escolar de cada alumno será avaliado con absoluta obxectividade.
O alumno ten dereito a recibir orientación escolar e profesional, así como a ser informado sobre axudas e becas que  poidan complementar a súa formación.
En caso de accidente ou enfermidade prolongada, o  alumno ten dereito a axuda que presise.
A liberdade de conciencia, convicción relixiosa, moral ou ideolóxica do alumno será respetada, así como a súa intimidade e o que atinxa a tales creencias.
O alumno ten dereito a que se respecte a súa integridade física e moral, e a súa dignidade persoal.
O alumno ten dereito a elexir aos seus representantes.
DEBERES DOS ALUMNOS
É preciso ser puntual, tanto ao comezo da xornada como no remate dos recreos. Considérase falta de puntualidade entrar na aula despois do inicio da clase.
As faltas de asistencia deben xustificarse  sempre por escrito.
Débese manter unha compostura axeitada de respecto e de traballo durante as horas de clase.
Cada alumno usará o seu material. O mobiliario tratarase con coidado e se respectarán as instalacións do centro.
Non se permite o uso de móbiles, aparatos tipo M P3 e outros no centro. Se un profesor retira a un alumno un destes aparatos, será requisado,
Utilizaranse atuendos apropiados para un centro de estudos. O aseo e a hixiene persoal deben ser unha prioridade nos alumnos. O uso do chandal é obrigatorio desde 2º de E.I. ata 2º de ESO.
Durante os recreos non se pode permanecer nos pasillos nen nas aulas.
Os alumnos de E. Infantil e E. Primaria que permanezan no patio despois das 14:00 h procurarán non molestar nin interromper as clases de ESO.
Non se recollerán en secretaría, material escolar, traballos olvidados, bocadillos, etc, durante o horario escolar.
Os pais non poden acceder ás aulas en horario lectivo. 
Os pais e alumnos do centro poden participar no funcionamento e na vida escolar a través dos seus representantes no Consello Escolar.