Departamento de Pastoral
Esther Alonso é a coordinadora do Departamento de Pastoral, que é o encargado de organizar as Eucarstías que se celebran na Igrexia Parroquial nas datas máis señaladas do curso: inicio de curso, nadal, semana santa e fin de curso. Pero para os máis pequenos, este departamento organiza nas mesmas datas unhas Pastorais no propio centro nas que os rapaces ademáis de divertirse aprenden valores tan importantes coma a convivir ou compartir.
Continuamos a nosa andaina polo mundo dos valores humanos e cristiáns reafirmándonos no lema “Un mundo mellor é posible” xa que “ moita xente pequena,en lugares pequenos facendo pequenas cousas poden cambiar o mundo”. Iniciamos este camiño realizando as Celebracións de inicio de curso dende Infantil ata Secundaria. Xesús é un sembrador de sementes de amor, e esa semente dará o seu froito que recolleremos a finais de curso. Vídeo Parábola del sembrador. Dibujos animados. Viaxamos ca nosa imaxinación a diferentes lugares de África, Asia e América, para achegarnos a outros nenos, as súas familias, ao seu traballo e condicións de vida. Diara é unha nena de 7 anos que vive en Ghana. De maior gustaríalle ser mestra pero non é tan sinxelo… QUEN TEN DEREITOS? O 10 de Decembro celebramos o día dos Dereitos Humanos. Dereitos témolos todos, outra cousa é que eses dereitos sexan respetados. As persoas non son mellores nin peores por ser dunha raza, dun sexo, dun país, por ser pobres , ricos, pensar dunha maneira ou doutra. No fondo o que queremos todos é ser felices e vivir de forma digna. Vídeo en español sobre la declaración de los derechos humanos Vídeo : Aprende cuales son los Derechos del Niño. Chegou o Nadal para celebrar o nacemento do neno Xesús, coa ledicia e ilusión da Boa Nova dos pastores en Belén, a nova de que outro mundo mellor é posible. Demos o neno agasallos coma: bicos, caricias, familia, colaboración, respeto, bondade… |