Radio Secretaría

Equipamentos - Radio "Secretaría"

Unha radio no colexio?...

Pois si, durante o curso 2008-2009 o Equipo de Normalización Lingüística puxo en marcha unha “radio” no cole á que recibiu  o nome de RADIO SECRETARÍA. Foi unha idea moi ben acollida por todos e que ten como obxectivo fundamental o  emprego e difusión  do galego.

A experiencia consiste nunha emisión todos os  venres ás 12 da mañá na que cada curso por turnos prepara un breve programa de radio.  Nos seus inicios levábase a cabo a  través do equipo de megafonía  que estaba  na secretaría do colexio, de aí o seu nome; pero co paso do tempo as instalacións para estes locutores foron mellorando e agora lévase a cabo na sala de profesores, ao redor dunha mesa e coma uns verdadeiros profesionais.

Os temas dos que os alumnos falan ó  longo do curso, fan especial fincapé na ecoloxía e coidado do medioambiente, relacionados coas conmemoracións como  o magosto, nadal, Día da Paz, Día do libro, Letras Galegas, etc.

Como mostra dunha destas emisións, reproducimos a intervención de 4º de Primaria no programa especial de despedida de Radio Secretaría do venres 5 de xuño de 2009:


Ola, bos días, somos os de 4º de Primaria, bueno, case os de 5º...xenial, que maiores somos xa...
Nós, como despedida de curso queremos agradecer aos nosos mestres/as e a tódolos que traballan no noso colexio a súa paciencia, dedicación e interese para que cada día soubésemos máis cousas, nos preparásemos para o noso futuro e foramos persoas de ben. Aí vai o noso agradecemento:
Grazas por ensinarnos a disfrutar de aventuras na nosa mente; buscar, descubrir e vivir continuas sorpresas.
Grazas por mostrarnos que podemos aprender dos fracasos, descubrir forzas nos tropezos, atopar amor e bondade nos días máis negros.
Grazas por darnos o valor para empregar as nosas mentes tan ben e rectamente como saibamos.
Grazas por ensinarnos a defender o que creamos xuntos, aínda que tremamos por dentro.

Por todo isto e moito máis GRAZAS, GRAZAS!!