Xustificación do Proxecto Voz Natura 2012-2013

Actividades - Proxecto Voz Natura

 ANO INTERNACIONAL DE ENERXÍAS SOSTIBLES

Este ano está adicado as enerxías sostibles que nos permiten baixar o consumo de combustibles fósiles que emiten CO2 a atmósfera de tal xeito que podermos reducir a contaminación. Estas enerxías que proveñen da luz do sol, do vento e da forza do mar entre outras son fácilmente renovables xa que son naturais.



Todo aquelo que nos permita contaminar menos a atmósfera e sempre beneficioso para a saúde dos seres humanos pero tamén para o medio ambiente. Este ano, coa participación no Proxecto de Voz Natura podemos aprender a tratar mellor a natureza. Comezando por o uso máis intensivo das enerxías naturais: a maremotriz, a eólica, a solar, a xeotérmica, entre outras, podemos reducir o uso das enerxías que proveñen do petróleo, carbón... que contaminan a atmósfera e que ademáis non son renovables por sí mesmas polo que chegará un momento no que se esgoten.

Nós dende o colexio xa nos sentimos moi concienciados co tema polo que vos invitamos a todos a que aprovetedes os recursos que nos da a natureza.