Xustificación do proxecto Voz natura curso 2013-2014

Actividades - Proxecto Voz Natura

Neste curso o noso proxecto de Voz Natura xira entorno a o cuidado de Mares e Ríos, o seu título é "Mares e Ríos dannos a vida". Ao longo de todo o curso fixéronse diferentes actividades dende infantil ata a ESO. Así rapaces da ESO foron limpar as beiras do río Tea, alumnos de 5º e 6º foron visitar a planta de Augas de Mondariz onde descubriron cal é o tratamento da auga ata que chega as nosas casas. Os rapaces de 1º e 2º de primaria fixeron "collages" para ilustrar as diferenzas entre as augas sucias e contaminadas e as augas limpas dos mares, ríos e lagos e así con todo o colexio ata crear un proxecto no que todos aprendemos a coidar o medio ambente.