Xustificación do proxecto VN 2009-2010

Actividades - Proxecto Voz Natura

PROTEXEMOS A BIODIVERSIDADE POLO BEN DO PLANETA

Despois de millóns de anos de vida no planeta Terra, e debido a evolución, moitas foron as especies novas que se formaron e moitas as que desapareceron por non poder adaptarse ás condicións ambientais cambiantes. Este cambio gradual producido de xeito natural,  deu lugar ao recurso máis valioso do planeta: a diversidade biolóxica.


A  poboación é a unidade evolutiva. A información xenética dos individuos, tansmítese a outras xeracións en función do beneficiosas ou perxudiciais que sexan para a especie. Todo isto depende das interaccións que teñan entre eles, ou con outras especies (relacións bióticas), e das interaccións que se produzan coas diferentes variables físicas e químicas do medio no que habitan, tales como a presenza ou ausencia de auga, a temperatura, a salinidade ou a dispoñibilidade de osíxeno entre outras, (relacións abióticas). Do estudio destas interaccións ocúpase a Ecoloxía, ciencia apoiada desde movementos sociais como o ecoloxismo.

Os espazos ecolóxicos para sobrevivir dentro destas condicións, marcan a supervivencia das especies e a súa necesidade de adaptarse e evolucionar.

Este equilibrio ecolóxico, fráxil de por sí, está sendo ameazado na actualidade entre outros factores, pola irresponsabilidade da especie humana. O cambio climático acentuado pola voráxine do consumo é un dos principais factores que ameazan á biodiversidade. O home tamén destrúe e fragmenta hábitats, introduce especies exóticas que compiten coas autóctonas, cambiando os “nichos ecolóxicos” e sobreexplota outras para obter productos. Sempre buscando un beneficio económico, que leva irremediablemente á súa propia destrucción.
A intervención do home nos ecosistemas e as respostas que pode producir, empezan a poder ser predicibles. Coñecer e manexar información sobre as consecuencias da merma artificial de biodiversidade, levaranos a correxir a nosa actitude fronte ao medio.

Ao mesmo tempo, é interesante descubrir as teorías científicas e as persoas que ao longo da súa vida se deicaron a estudar as adaptacións dos organismos ao medio, tales como Darwin, Wallace ou os neodarwinistas do século XX.

E polo tanto importante para nós, dar a coñecer aos nosos alumnos todos os datos precisos, mediante charlas, saídas ou actividades, para que reflexionen sobre a conveniencia de manter o medio natural no mellor estado posible para as especies que o habitan. Tamén queremos que aprendan que a especie humana ten que vivir neste planeta respectando ás outras especies.

 Nesta edición conseguimos o primeiro premio provincial co noso traballo " Protexemos a biodiversidade para ben do planeta".

Pasámolo moi ben durante todo o curso preparando as actividades. Menuda sorpresa nos deron os membros do xurado cando nos outorgaron o primeiro premio provincial. Trasladamos unha pequena mostra da nosa exposición a Culleredo e alá fomos un grupo de alumnos , profesores e pais a recoller  o galardón.

Se queres coñecer as portadas dos nosos anteriores proxectos preme aquí