Invernadoiro escolar

Un dos obxectivos marcados dende hai varios cursos dentro do proxecto "Voz Natura" era o de facer unha horta ecolóxica e un invernadoiro para sementar e cultivar diversas especies botánicas.

Grazas ao traballo dos alumnos e alumnas de tecnoloxía de 4º de ESO, foi posible no curso 2007-2008. Coa inestimable axuda do Sr. Antonio, David, Andrea, Abner, Olalla, Óscar e Leire construíron un invernadoiro moi xeitoso con ventás de plástico que se poden abrir, e aproveitando madeira xa usada. 

Mirade a construción paso a paso: