O Colexio hoxe

Na actualidade, o colexio de “La Inmaculada” pretende seguir ofrecendo aos seus alumnos e alumnas a mellor calidade de ensino, nun entorno moderno e coas mellores instalacións: aula de encerado dixital, sala de informática, biblioteca, aula de inglés, de música, ...Porén, o noso obxectivo, alén do puramente instrutivo, é formar persoas de ben,  poñendo o maior empeño na adquisición de valores humanos, na creación de hábitos  de convivencia e respecto e no fomento da responsabilidade e do compromiso.


Na actualidade a superficie pertencente á Fundación "Felix Rodríguez González- Colexio La Inmaculada".
Consta de 13 aulas destinadas a albergar aos a alumnos e alumnas dende 4º de Educación Infantil ata 4º de ESO.  Ademais están as dúas aulas de informática, a aula de inglés, a aula de música, o taller de tecnoloxía, o laboratorio e a biblioteca.

Para as actividades deportivas e ao aire libre, o centro consta dun pabillón e un amplo pati 7o no que se ubican as pistas deportivas: dous campos de fútbol e dúas pistas de balóncesto. Tamén conta con instalación para boleibol e balonmán. No patio cuberto xogan os rapaces cando chove, ao igual que na Sala de Usos Múltiples, na que tamén celebramos as conmemoracións máis importantes.
Os maís pequenos contan ademais cunha sala de xogos especial, un parque ao aire libre con columpios e os xardíns e as árbores das que disfruta toda a comunidade escolar.
No edificio principal, que está protexido patrimonialmente dados os máis de 100 anos de existencia, residen os despachos de dirección e secretaría, a sala de profesores, as salas de titoría e os departamentos de ESO. No piso superior atópase o departamento de orientación
O colexio tamén ten unha pequena capela na que ao longo do curso se levan a cabo as actividades de Pastoral para os máis pequenos.