O Centenario

No curso 2009-2010, no colexio de “La Inmaculada” cumprimos cen anos. Cen anos de traballo e ilusión en prol dos nosos alumnos e alumnas, os verdadeiros motores do noso labor diario.
Moito cambiaron as cousas dende que, naquel 1910, comezase a andaina desta Comunidade Escolar. Moitos foron os atrancos e problemas que xurdiron, pero foron superados un a un, grazas ao bo facer de todos os que formamos parte desta familia.
Para celebrar este aniversario preparamos varios actos:
Comezamos dando as grazas por estes anos de vida escolar cunha Eucaristía na igrexa parroquial.
A nosa compañeira Mª Jesús Iglesias rematou o seu traballo de investigación sobre a historia do colexio, o que permitiu editar con éxito o libro “Colexio La Inmaculada, 100 anos de historia”.
Este libro foi presentado á sociedade nun acto ao que asistiron as compañeiras de Vita e Pax, Teresa Miñana e Cecilia Pérez, ademais do alcalde como membro do Padroado, o presidente da AMPA, profesores, alumnos, ex-alumnos e numeroso público e invitados. A recadación que se obteña coa venda deste libro, destinarase integramente a financiar recursos educativos para os nenos cos que vive agora en Guatemala, a nosa compañeira Mª Jesús Laveda, membro tamén de Vita e Pax.
Para que as palabras e os recordos tivesen imaxes, realizamos un pequeno documental, no que moitas xeracións de “La Inmaculada” poden verse reflectidas: as clases de urbanidade, as excursións dos Montañeiros de Santa María, as charlas do Padre Cornelio, os festivais de fin de curso, as novas instalacións,...


Para rematar este aniversario preparamos unha cea de confraternidade o  25 de xuño que foi un éxito. Deste xeito poidemos celebrar todos xuntos que a ilusión por traballar neste marabilloso proxecto, sigue viva cen anos despois.