XERMOLO. A Nosa Vida na Escola

Portada Xermolo 2011


Cada curso que remate e motivo de celebración. Dende o ano 2001 editamos unha revista escolar para salientar as activiades e traballos do curso.

Chamámoslle XERMOLO porque reflicte o modo en que surxen as actividades e traballos que foron pensados ao comezo do curso. Como poderedes comprobar a semente é moi boa, e así os nosos alumnos e alumnas nos sorprenden cada ano. Quen ía a pensar alá por xaneiro de 2001 que a publicación daquel día da Paz e da Árbore, ía a entrar no seu ano dez de vida. Así é queridos membros da Comunidade Escolar, grazas ao voso traballo e a inestimable colaboración dos anunciantes, aquí seguimos con esta pequena homenaxe que cada final de curso lle adicamos aos nosos nenos e nenas, os verdadeiros motores do noso día a día.
Un curso máis sorpréndenos a cantidade de actividades que conseguimos facer no cole e o ben que responden todos. NORABOA!.
Aquí están as portadas de todas as revistas editadas ata o de agora. Esperamos seguir outros dez anos máis...polo menos!
Podedes clicar en algunhas e disfrutar da revista completa.
Esperamos que vos gusten!.
Revista nº 0. Febreiro 2001 Revista nº 1. Xuño 2001 Revista nº 2. Maio 2002 Revista nº 3. Maio 2003
Revista nº 4. Maio 2004 Revista nº 5. Xuño 2005 Revista nº 6. Xuño 2006 Revista nº 7. Xuño 2007
Revista nº 8. Xullo 2008 Revista nº 9. Xuño 2009 Revista nº 10. Xuño 2010