Ecos da Picaraña

Ecos da Picaraña nº 4. Abril de 2011

 

"Ecos da Picaraña" é o xornal dixital que editan a través de internet os alumnos e alumnas de 3º de ESO. Xa vai polo seu nº 4. O número 2 foi merecedor do terceiro premio autonómico en 2009

Cinco anos participando e catro premios acadados. Pódese pedir máis?.
De novo, no curso 2010-2011, os nosos xornalistas dixitais de 3º e 4º de  ESO volveron publicar con grande éxito os seus xornais dixitais.

Alumnos e alumnas de 4º de ESO recollendo en Compostela o terceiro premio de Galicia

Seguindo coa práctica do periodismo de investigación, e reforzando a redacción, a comprensión da lectura e o análise de textos, os xornalistas de 3º e 4º de ESO, conseguimos publicar respectivamente, o número 4 de “Ecos da Picaraña” e o 5 de “ O Trobador do Tea”.
Da man das titoras Chus e Susi, adicamos varias sesións a recabar información, facer entrevistas, elaborar anuncios con programas de tratamento de imaxes, etc. Todo o fixemos na aula de informática do centro.
Entre os artigos máis salientables podemos citar: “Ponteareas terra de gaitas”, “O nematodo do piñeiro no Condado”, “A Peneira remata a súa publicación”, “Ranchos de Reis”, “Polémica planta de biomasa en Ponteareas”, “Florece a primavera árabe”, etc.
Se tedes interese en coñecer os nosos xornais polo miúdo podedes consultalos en: 
http://estudiantes.elpais.com/. Servicios_ periódicos edición actual- Pontevedra.

 

 

 

Ecos da Picaraña nº 1. Abril 2008. Ecos da Picaraña nº 2. Abril de 2009. 3º Premio de Galicia Ecos da Picaraña nº 3. Abril de 2010