As nosas árbores da Picaraña

 

O 18 de marzo de 2005 os alumnos e alumnas deste colexio subimos por primeira vez ata o monte Picaraña para celebrar todos xuntos o Día da Árbore....

Dende entón xa son máis de 1000 árbores novas as que plantamos na parcela de "As Chans" cedida pola Comunidade de Montes de Ponteareas para o noso traballo. Castiñeiros, carballos, capudres, cancereixos, noceiras, etc, representan a cada un de nós e a nosa ilusión porque medren e vaian arriba.

 

É moi importante colaborar na repoboación dos bosques e aprender a respectar a todos os seres vivos que habitan neles. Aqui tedes dous videos nos que se aprecia parte do noso traballo.