Calendario Escolar 2017-2018

 

Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017-2018 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.


Segundo esta orde o curso académico abranguerá dende o 1 de setembro de 2017 ao 31 de agosto de 2018.


Inicio do curso:


Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 5 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2016-2017 para o alumnado de ESO. As sesións de avaliación e a entrega de cualificacións da devandita convocatoria extraordinaria poderá realizarse ata o día 6 de setembro, incluído.


No 2º ciclo de educación infantil e na primaria, a impartición efectiva das clases realizaránse do día 11 de setembro de 2017ao 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.


Na ESO, será entre os días 15 de setembro de 2017 e o 21 de xuño de 2018, ambos inclusive.



Períodos de vacacións: 

 

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2017 ata o día 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.

2. Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2018.

3. Semana Santa: dende o día 24 de marzo ata o o 2 de abril de 2018, ambos inclusive. 



Días non lectivos:

 

Día do Ensino: 7 de decembro de 2017 

Incorporaránse novos días non lectivos ao longo do curso