Concurso Que es un Rey para ti?

  No Colexio La Inmaculada estamos de noraboa porque o alumno Alejandro Quintá Fariña foi o gañador autonómico do concurso organizado pola Fundación Fíes de ¿Qué es un rey para ti? E por fin o 27 de outubro foi recibido xunto coa súa titora María José Constantino e os seus pais, polo Rey Felipe VI.



Todo foi moi deprisa, así a finais do mes de maio  de 2012 avisáronnos ao Colexio de que tiñamos dous finalistas no Colexio neste concurso, Alejandro Quintá Fariña e Roberto Tato Lage.
Tivemos que esperar ata o  10 de xuño de 2012, cando se celebrou a final autonómica no Museo MUPEGA de Santiago de Compostela, para que Alejandro se proclamara campeón autonómico. Os traballos de ambos alumnos, xunto cos demáis contrincantes eran dignos do premio pero o xurado decidiu finalmente que o Barco e o Rey feito por Alejandro era o merecedor do premio.
Por iso, toda a comunidade educativa do Colexio dalle a noraboa a ambos alumnos polos seus traballos e felicidades a Alejandro polo seu premio.

Aquí tedes algúns enlaces deste Concurso.
- A TVG faise eco do premio.
- A noticia no Faro de Vigo.
E despois de moito esperar por mor das doenzas do anterior monarca Don Juan Carlos I, por fín o 27 de outubro de 2014 o noso representante viaxou a Madrid para ser recibido polo rey Felipe VI. Alí xunto coa súa totira e os seus pais puido explicarlle o seu traballo ao monarca que quedou impresionado coa creatividade de Alejandro.
Sen dúbida foi para todos nós unha experiencia inolvidable.
Aquí tedes un enlace á noticia.