Roberto Tato Lage Premio Extraordinario ESO

Noraboa Roberto!





O claustro de profesores do Colexio Plurilingüe La Inmaculada séntese especialmente orgulloso e felicita ao alumno
Roberto Tato Lage por acadar o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondente ao curso 2016/17.
Este premio quere recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumno que cursou cun excelente resultado académico a Educación Secundaria Obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
A consecución deste galardón dá a posibilidade de concorrer aos Premios Nacionais de Educación Secundaria Obrigatoria.
O alumno destacou dende os seus incios no colexio polo seu esforzo e impecable traxectoria académica, sendo merecedor con creces deste premio.
Aquí tedes as entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo.Click aquí