Educación Infantil en Inglés

PERTENCEMOS AO PROGRAMA PLURINFANTIL


Xa van case 10 anos que no Colexio Plurilingüe La Inmaculada adicamos unhas horas á semana para que os nenos de infantil aprendan inglés, e este bo facer acaba de ser recoñecido pola Xunta de Galicia, que neste curso 2017-2018 creou o programa Plurinfantil a través do que pretende regular o plurilinguismo no segundo ciclo de educación infantil.
O noso colexio, tras presentar un proxecto sobre a aplicación da lingua inglesa na etapa de educación infantil, foi admitido sendo así un dos primeiros oitenta centros autorizados en toda Galicia para incorporar o programa plurilingüe na educación infantil.
No esforzo que o centro está a realizar no plurilingüismo, este ano foi concedido o programa de Erasmus + consistente en becar a 12 profesores do centro para a formación en inglés e francés no estranxeiro.

Aqúi tedes as fotos da recollida da placa do Programa Plurinfantil.