AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
Prazo de presentación dende o 22 de maio ao 22 de xuño ambos incluídos.
Xa podedes consultar as listas definitivas.


LISTADOS DEFINITIVAS FONDO LIBROS CURSO 2018-2019

Preme aquí para ver o listado provisional. Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro.


LISTADOS PROVISIONAIS FONDO LIBROS CURSO 2018-2019

Preme aquí para ver o listado provisional. Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro.

OBXECTIVO DA CONVOCATORIA
a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria ; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.
b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado  en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

CONTÍA DAS AXUDAS
Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: 170 euros.
2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: 90 euros.
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros.
A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2016, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a base impoñible do aforro (recadro 405); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.


OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18. Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo a que se refire a disposición adicional segunda, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta ordeno Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2018/19, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016,poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou mdo órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
2. A documentación complementaria (que acompañe á solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2016, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
4. De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a relevancia da documentación requirida no procedemento, as persoas interesadas deberán achegar os documentos orixinais ou copias cotexadas. Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.


LIGAZÓN PARA A DESCARGA DA SOLICITUDE ( www.edu.xunta.es)
LIGAZÓN SEDE ELECTRÓNICA XUNTA DE GALICIA
LIGAZÓN APLICACIÓN FONDOLIBROS